|
|
 | Buscador |  |
 | Aula Virtual |  |
|
 | Departamento de Promoción e Creación de Empresas |  |
O Departamento de Promoción e Creación de Empresas préstalles asesoramento de maneira totalmente gratuíta aos emprendedores cun proxecto de empresa concreto e que necesitan ser orientados no laborioso proceso de converterlo nunha realidade. O servizo coopera coa Consellería de Traballo nun programa cun fin compartido como é facilitar a integración de novos emprendedores no parque empresarial da nosa comunidade.
As consultas realizadas polos emprendedores a este servizo baséanse en temas de carácter laboral, fiscal, técnico, económico, financeiro ou comercial:
- Posibilidades de financiamento para a creación da súa empresa (subvencións, créditos, etc.).
- Análises da forma xurídica da empresa.
- Información dos trámites de constitución e posta en marcha dos diferentes tipos de entidade.
- Obrigas formais (fiscais, laborais e de seguridade social).
- Control e seguimento do Plan de Empresa.
- Achega de datos económicos, fiscais e de mercado do sector.
- Contactos entre os emprendedores cun proxecto en común.
O servizo colabora cos emprendedores na realización dos instrumentos necesarios que avalían a idea do seu negocio, dándolles, así, certa seguridade á hora de botarse á súa aventura. Instrumentos tan necesarios como unha investigación de mercado, unha análise da viabilidade da idea empresarial ou unha enquisa que descubra o grao de maduración da idea do emprendedor son algúns dos utilizados.
|
|
 | Noticias |  |
xoves, 08 de xullo de 2010
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DO PROGRAMA RE-IMAXINA
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30
de decembro de 2010.
(ler máis)
|
mércores, 02 de xuño de 2010
V DÍA DO EMPRENDEDOR EN GALICIA
Celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o día 16 de xuño de 2010.
(ler máis)
|
luns, 03 de maio de 2010
PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2010
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facil
...
(ler)
(ler máis)
|
martes, 27 de abril de 2010
PROGRAMA DE ASISTENCIA TÉCNICA INDIVIDUALIZADA NO ÁMBITO DA I+D+I E A XESTIÓN EMPRESARIAL
A Dirección Xeral de Política da PEME subscribiu un convenio coa Fundación Escola de Organización In
...
(ler)
|
venres, 26 de marzo de 2010
NOVA LIÑA DE CRÉDITO QUE FACILITA O ACCESO AO FINANCIAMENTO DE NOVOS EMPRENDEDORES
A nova liña de crédito estará xestionada pola Empresa Nacional de Innovación (ENISA), entidade depen
...
(ler)
(ler máis)
|
|
 | De interese... |  |
 | Ferramentas para o emprendedor |  |
|
|
 | Páxinas web de interese |  |
 | Plan de Empresa |  |
|
|