Navegación: Inicio Nós 

Buscador


Últimos cursos

Último Número

Propostas Encontro Empresarial


Novo punto de tramitación telemática

Rede pIDi


Últimas noticias
AUTODIAGNÓSTICO AMBIENTAL OBRIGATORIO
As empresas que xeran residuos deberán presentar ata o próximo 18 de agosto o documento de autodiagnóstico ambiental.

A Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, no seu artigo 56 indica o deber de que todas as actividades industriais e/ou empresas que xeren residuos industriais deberán realizar autodiagnósticos ambientais.

O pasado 8 de abril aprobouse o Documento de autodiagnóstico ambiental previsto na Lei de Residuos de Galicia  que as empresas que xeren residuos deberán presentar este ano ata o 18 de agosto.

O documento de autodiagnóstico ambiental, que pode consultarse na web do Sistema de Información de Residuos de Galicia (SIRGA), debe presentarse anualmente e pode facerse de forma telemática, cun certificado dixital, ou dándose de alta en SIRGA. Este ano a data límite é o 18 de agosto.

Cuestionarios:
As empresas deberán cubrir un cuestionario que ten preguntas en tres pestanas diferentes e que deberán ser respondidas na súa totalidade. A valoración de cuestionario vaise actualizando a medida que se responden as preguntas e hai dous tipos: valoración por tipo de pregunta e valoración global.

Este cuestionario é tamén unha ferramenta para a empresa, xa que ao finalizalo poden coñecer o estado no que se atopa respecto ao medio ambiente, aos requisitos legais que debe cumprir ou á sensibilización ambiental. Con puntuacións inferiores a cinco puntos, recoméndase implantar plans para corrixir as malas prácticas.


 
Voltar
Titulares de prensa




Crea a túa empresa

Cursos de Formación

Formación Continua



I Xornada de Formación para o Emprego de Galicia


Caixanova

Tradución de Páxinas Web

Nova Sección



Sello de Empresa por la Igualdad de Oportunidades
Certificaciones ISO 14001 e ISO 9001 por