Navegación: Inicio Nós 

Buscador


Últimos cursos

Último Número

Propostas Encontro Empresarial


Novo punto de tramitación telemática

Rede pIDi


Últimas noticias
EUROPA DESTINA UN PRESUPOSTO RECORD Á I+D
O VII Programa marco, o maior programa de investigación do mundo conta cun presuposto de 6400 millóns de euros para as convocatorias de propostas de 2011.

En liña coa estratexia Europa 2020 e a futura iniciativa "Unión pola innovación" que se porá en marcha o próximo outono, que outorgan á I+D a consideración de centro da política europea e un dos principais motores para saír da crise, a comisaria de Investigación, Innovación e Ciencia anunciou que a Comisión Europea destinará un 12% máis que o ano anterior e un 30% máis que en 2009, para financiar proxectos de I+D dentro do VII Programa marco da Unión Europea.
 
O obxectivo deste financiamento é o de impulsar un "crecemento intelixente", co fin de mellorar a competitividade europea e contribuír a facer fronte aos desafíos sociais como o cambio climático, a seguridade alimentaria, e enerxética, a saúde e o envellecemento poboacional. Espera que con este estímulo económico se xeren máis de 165.000 postos de traballo, segundo os cálculos realizados baixo o modelo econométrico NEMESIS desenvolvido como parte do proxecto europeo de investigación DEMETER.

Dentro desta política preténdese dar prioridade no acceso ao financiamento ás pemes, para o que por primeira vez se destinaron presupostos específicos en varios ámbitos, e se prevé que este grupo reciba preto de 800 millóns de euros en áreas como saúde, bioeconomía, medio e nanotecnoloxía, o que supón que polo menos un 35% dos beneficiarios das axudas serán este tipo de empresas.

Así, dos aproximadamente 16.000 participantes que recibirán fondos das diferentes convocatorias, principalmente centros de investigación, universidades e industria, estímase que poderán optar ás axudas unhas 3000 pemes.

As primeiras convocatorias de axuda ás que se poderá optar o próximo ano foron publicadas e poden ser consultadas na web do  VII Programa Marco da Comisión Europea.

En caso de que desexen obter máis información acerca das axudas que a Comisión Europea pon á súa disposición, recordámoslle que a Confederación de Empresarios de Galicia, a través do seu Servizo de Información Europea está á súa disposición para asesoralo a este respecto.


 
Voltar
Titulares de prensa




Crea a túa empresa

Cursos de Formación

Formación Continua



I Xornada de Formación para o Emprego de Galicia


Caixanova

Tradución de Páxinas Web

Nova Sección



Sello de Empresa por la Igualdad de Oportunidades
Certificaciones ISO 14001 e ISO 9001 por