Navegación: Inicio Nós 

Buscador


Últimos cursos

Último Número

Propostas Encontro Empresarial


Novo punto de tramitación telemática

Rede pIDi


Últimas noticias
enEuropa, A SÚA PORTA VIRTUAL DE ACCESO AO MERCADO COMUNITARIO
A Confederación de Empresarios de Galicia deseña unha nova web que recolle toda a información necesaria para as empresas que queiran actuar na Unión Europea

A confederación pon a disposición do tecido produtivo de Galicia a web enEuropa, unha nova ferramenta deseñada para achegar ás empresas da comunidade as oportunidades comerciais que ofrece a Unión Europea.

Con esta formulación, enEuropa intenta dar reposta ás principais dúbidas que se cuestionan as empresas á hora de actuar no ámbito comunitario. Así, no seu contido detállanse as principais particularidades que ofrece o mercado da UE en canto á prestación de servizos, normativa aplicable e outras especificidades do mercado único.
enEuropa elaborouse cun enfoque práctico, resolvendo as posibles dúbidas a través dos seguintes bloques temáticos:

- Marco normativo comunitario

- Factores relevantes que considerar no noso mercado obxectivo

- Estratexias de entrada ao mercado comunitario

- Particularidades das relacións comerciais no ámbito comunitario

- Estratexias de promoción Sistema de apoio á innovación e á internacionalización

A posta en marcha desta iniciativa responde ao obxectivo da CEG de estimular a internacionalización do tecido produtivo de Galicia facilitando, entre outras accións, o seu acceso a información especializada sobre os distintos mercados de interese estratéxico para a economía galega.

A marxe da web enEuropa, a CEG ofrece as empresas interesadas en operar no mercado europeo o seu Servizo de Información Europea (SIE), un departamento que forma parte da rede Entreprise Europe Network, promovida pola Comisión Europea Este servicio ofrece información e presta asistencia ás empresas sobre a UE e facilita a comunicación entre a Comisión e o tecido produtivo en relación co funcionamento do mercado interno.

O portal enEuropa está cofinanciado por la Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, así como polo Plan Avanza e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Web enEuropa

 


 
Voltar
Titulares de prensa




Crea a túa empresa

Cursos de Formación

Formación Continua


I Xornada de Formación para o Emprego de Galicia


Caixanova

Tradución de Páxinas Web

Nova Sección



Sello de Empresa por la Igualdad de Oportunidades
Certificaciones ISO 14001 e ISO 9001 por